Feliz Pascua de Resurrección!

Iniciamos o último trimestre do curso 2017-18. E seguimos dando o mellor de nós cada día na tarefa educativa. As actividades previstas para esta primeira semana de abril son as seguintes:

  • Martes e mércores: Sesión de fotos para todo o colexio (cfr. circular nº 49/17-18 do 23 de marzo). Lembramos a importancia de vir correctamente uniformados.
  • Xoves: Formación para as familias de 1ª Comuñón 1º ano (16.30 e 19.30 h).
  • Venres: Sesión de fotos para BAC, visita ó MUNCYT para 4º EP. O alumnado de 5º EP charlará con Pere Tobaruela, autor do libro Formig4s. E as alumnas de 1º BAC que cursan a materia de Literaturas Hispánicas terán un café-coloquio con dúas antiguas alumnas, escritoras, na libraría Berbiriana.
  • Fin de semana: Convivencia intercolexial para o alumnado de ESO que pertence ó Movemento Calasancio en Dorrón.

Feliz semana para todos!!!