Co mes de novembro ímonos metendo máis en actividades complementarias fóra do colexio. Empezamos e rematamos a semana con teatro para pequenos e grandes. O previsto para estes días céntrase en:

  • Luns 6: O alumnado de 4º Primaria asiste á obra Laberinto, na sede de //AFundación (Informacion Laberinto).
  • Xoves 9: Celebración do Magosto, festa tradicional galega, para o alumnado de Infantil e Primaria.
  • Venres 10: Alumnas e alumnos de 4º ESO e 1º BAC asisten á representación de Helena, no Forum Metropolitano (Informacion Helena).

Que pasemos todos unha feliz semana e axudemos ós demais a vivila tamén felizmente.

                                                 Se queres un San Faustino, podes pedilo na Portería do colexio