Entramos na semana de exames para todos os cursos, agás 2º BAC. O calendario de 1º BAC e ESO está exposto na páxina. As actividades previstas para esta semana, ademais dos exames, son:

  • Martes 13: Celebración de Coresma para os cursos de 3º ESO, 4º ESO-A e 1º BAC.
  • Xoves 15: Formación para as familias do alumnado de 1ª Comuñon de 2º ano (16.30 e 19.30 h).
  • Venres 16: O alumnado de 2º EP visita o Acuario; o de 4º de Primaria visita o Muncyt. Pola tarde, edición XVI do Festival Intercentros no Coliseum (máis información en http://festivalintercentros.org/).
  • Domingo 18: Eucaristía familiar na parroquia Ntra. Sra. de Los Rosales, preparada polas alumnas e alumnosd e 3º e 4º ESO que se están preparando para a Confirmación (11.30 h).

Feliz semana para todos/as!!!