Derradeira semana do curso. Nela recordaremos algunhas datas que nos teñen que concienciar da importancia de colaborar en todo o que poidamos para ser solidarios coas persoas e para coidar da nosa casa, o planeta que habitamos:

En canto ás actividades previstas para esta semana, informámosvos das seguintes:

  • Luns 12: Reunión familias 2º ESO e 3º para informar das optativas de 3º ESO e dos itinerarios de 4º ESO (19.00 e 20.15 h, respectivamente).
  • Martes 13: Alumnado de 4º Infantil-A (3 anos) visita o MAC; reunión de familias 4º ESO para informar dos itinerarios e optativas de BAC (19.00 h).
  • Mércores 14: Alumnado de 4º Infantil-B visita o MAC; e alumnado de 3º e 4º EP vaise de excursión ó Castro de Borneiro e á praia de Balarés.
  • Xoves 15: Visitan o MAC os alumnos e alumnas de 5º de Infantil.
  • Venres 16: Excursión a Aquapark para 5º e 6º de Primaria, visita ó MAC para alumnas e alumnos de 6º Infantil. Neste día recibirán o boletín de notas da 3ª avaliación todo o alumnado de Primaria, Secndaria e 1º Bacharelato. Coñeceremos, tamén, os resultados da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade).
  • Domingo 18: Festa de fin de curso. Empezaremos coa Eucaristía de Acción de Gracias (10.30, capela do colexio), continuaremos cos cantos e bailes preparados polas etapas de Infantil, Primaria e outras actividades extraescolares, e compartiremos o momento da comida cos xogos e coas diferentes actividades preparadas para os máis pequenos pola ANPA. Esperámosvos a todos!!!

Feliz semana!