Semana das Letras Galegas e da I Olimpíada Nacional S. Faustino Míguez. As actividades previstas son:

  • Luns 14: Inician a inmersión lingüística un grupiño de alumnas e alumnos de 4º EP en Foz. Regresarán o mércores 16.
  • Martes 15: Rematan os exames do 3º trimestre as mozas e mozos de 2º BACH. As alumnas e alumnos de 1º ESO asisten no Ágora á posta en escea da obra Leonardo e os fontaneiros, de Mª Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. E os pequenos/as de 1º EP-A realizarán unha actividade lúdica na Biblioteca González Garcés.
  • Mércores 16: Protagonismo para o alumnado de 2º BACH. Pola mañá reciben as notas da 3ª avaliación; pola tarde terán a súa merecida despedida mediante o acto de graduación.
  • Xoves 17: DÍA FESTIVO, LETRAS GALEGAS. O alumnado que foi seleccionado para participar na I Olimpíada S. Faustino Míguez emprende a súa viaxe a Alacante. Estarán de volta o domingo 20.
  • Venres 18: Retomamos as clases. Inicio dos exames finais de 2º BACH.
  • Sábado 19: Gran final de baloncesto, voleibol, fútbol, atletismo e robótica para as nosas alumnas e alumnos que nos representan, desde 6º EP ata 1º BACH,en Alacante. Moita sorte a todos/as!!!

Feliz semana!

No luscofusco de maio,
cando as faíscas da herba
ceden ao arrolo do vento,
quere durmir a pradería.
Aínda as flores presumidas
desafían as estrelas.
Rompen a cantar os grilos
e os ferreiriños golpean
con chíos de aceiro negro
a paz dourada e serena…

(«O solpor», Mª Victoria Moreno)