Iniciado o 2º trimestre, imos entrando máis nas actividades tanto académicas como naquelas que reforzan os contidos e axudan a crecer como persoas en todos os ámbitos.

Para esta semana temos previstas as seguintes:

  • Martes 16: Obradoiros de Redes Sociais para 1º ESO e de prevención de drogas para 2º ESO-A.
  • Mércores 17: Charla de Martin Hutchinson, “o camiñante verde”, a 3º ESO e 4º ESO-B; pola tarde, obradoiros de acoso e ciberacoso para 5º e 6º EP.
  • Xoves 18: Actividade plástica na Fundación Jove para 1º EP-A.
  • Venres 19: Actividade plástica na Fundación Jove para 1º EP-B, obradoiro de prevención de drogas para 2º ESO-B e espectáculo teatral para 4º ESO, Sex e non sex.

Tamén o profesorado continúa coa súa actividade formativa en aprendizaxe cooperativa. Xornada intensa o vindeiro sábado en Ourense xunto co profesorado do colexio Santo Ángel. Seguimos o exemplo de san Faustino, o noso fundador, que lle dicía a seu irmán Antonio que hai que seguir formándose para ensinar a toda hora canto se aprende (Ep 2).

Feliz semana para todos!