Coa ledicia das moi boas actuacións dos nosos alumnos e alumnas participantes na XVI Gala do Festival Intercentros, iniciamos a derradeira semana deste 2º trimestre, previa ás vacacións de Semana Santa. Precisamente o faremos coa actuación especial dos dous grupos gañadores nas modalidades de “directo” e “canción infantil”. Moitos parabéns, de novo, para: Noa Blanco, Raquel Cabañas, Iago Formosel, Irene Pazos, Candela Forján, Irene Cabañas, Rodrigo Sánchez, Abrahan González, Sofía Rodríguez, Paula Respino e Martina Lorenzo. E parabéns moi especiais para os seus profesores Alfredo e Cristina, que guiaron en todo momento a súa preparación e posta en escea. Aquí queda o enlace ás súas actuacións: Calasancias Intercentros.

As actividades previstas para esta semana son:

  • Luns 19: Actuación Intercentros.
  • Martes 20: Rematan os exames de ESO e 1º BAC.
  • Mércores 21: Charlas sobre redes sociais, acoso e ciberacoso impartidas pola Policía Local para o alumnado de1º, 2º e 4º ESO. Celebración de Coresma para 4º ESO-B.
  • Xoves 22: Curso básico de defensa persoal para 1º e 2º ESO, celebración de Coresma para 1º ESO e 2º ESO-A, charla sobre violencia de xénero para Bacharelato e curso básico de defensa persoal, e derradeiro obradoiro de Agasex para 4º ESO. Este día faise entrega do boletín de notas correspondente á 2ª avaliación.
  • Venres 23: Charla sobre redes sociais e ciberacoso para 3º ESO, curso de defensa persoal para 3º e 4º ESO, visita ó acuario para 3º Primaria e visita a AFACO (https://afaco.es/) para 1º BAC.

Feliz semana para todos así como feliz Semana Santa!!!