Empezamos con inmersión lingüística e rematamos tamén con ela. Nesta primeira semana de abril, previa ás vacacións de Semana Santa, agárdannos estas actividades:

  • Domingo 2: Parten para Dublín alumnos/as de 3º ESO coas súas titoras a vivir a súa primeira experiencia en grupo de ministays. Regresarán o vindeiro domingo, 9 de abril.
  • Luns 3: Tamén se van de experiencia de inmersión en versión minicamps un grupo de alumnas e alumnos de 4º EP coas titoras. Regresarán o mércores. No colexio, o alumnado de 1º EP e 2º EP-A realizará unha actividade con IKEA.
  • Martes 4: Actividade de IKEA para 2º EP-B e 3º EP.
  • Mércores 5: Mesa informativa dunha das enfermidades raras, a distrofia muscular de Duchenne e Becker. Esta mesa estará posta na galería central do colexio (por onde saen os alumnos) desde as 10 ata as 18.00 h. para todas aquelas familias que vos queirades informar sobre a mesma e colaborar coa Asociación Duchenne Parent Project (https://www.duchenne-spain.org/asociacion).
  • Xoves 6: Actividade de IKEA para o alumnado de 4º EP e visita a Inditex para os alumnos/a de Ciencias Sociais de 1º BAC. Pola tarde, formación para as familias de nenos de 1ª Comuñón 1º ano (19.30 h).
  • Venres 7: Charla da Universidade da Coruña para os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato.

Lembramos que regresaremos ás aulas o día 18 de abril, martes. Feliz semana para todos e felices vacacións de Semana Santa!

«Es muy noble asumir el deber de cuidar la creación con pequeñas acciones cotidianas, y es maravilloso que la educaicón sea capaz de motivarlas hasta conformar un estilo de vida. La educación en la responsabilidad ambiental puede alentar diversos comportamientos que tienen una incidencia directa e importante en el cuidado del ambiente, como evitar el uso de material plástico y de papel, reducir el consumo de agua, separar los residuos, cocinar solo lo que razonablemente se podrá comer, tratar con cuidado a los demás seres vivos, utilizar transporte público o compartir un mismo vehículo entre varias personas, plantar árboles, apagar las luces innecesarias… El hecho de reutilizar algo en lugar de desecharlo rápidamente, a partir de profundas motivaciones, puede ser un acto de amor que exprese nuestra dignidad», Laudato Sí’ 211 (Papa Francisco).