Xa nos imos acercando á semana do mestre, a quen lle temos que recoñecer o seu labor de cada día na educación desde a etapa de infantil ata a de bacharelato. Pero antes centramos a nosa ollada nos protagonistas da nosa misión: nenas e nenos, mozas e mozos. Para eles temos previstas as seguintes actividades:

  • Luns 20: Co gallo do Día Internacional dos Dereitos do Neno, un grupo de alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria participará nun pleno infantil no concello de A Coruña. Máis información en: Pleno Infantil Coruna.
  • Martes 21: Alumnado de 1º ESO realiza unha visita á Casa das Ciencias.
  • Mércores 22: Todo o alumnado de Primaria participa nunhas charlas que ofrece a asociación ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) no salón de actos do colexio. Este mesmo alumnado está a preparar o mercadillo de Nadal e todo o que recauden irá para esta Asociación. Tedes máis información dela en http://asanog.org/.
  • Xoves 23: O alumnado de 4º ESO participará na hora de titoría deste xoves e do vindeiro no obradoiro «Uso de redes sociais e xogos interactivos», que forma parte do programa municipal de prevención de drogas, xestionado polo Concello da Coruña.
  • Sábado 25: Xornada formativa para o profesorado de relixión.

Como se dicía ó principio, vaise achegando a Semana do Mestre. Teremos máis actividades para conmemorar a S. Xosé de Calasanz, e non só serán dirixidas a alumnos e mestres, senón tamén a familias. Están organizadas unha serie de charlas interesantes para cada etapa e ás que vos animamos a asistir, pois cremos que sempre poden axudarnos a mellorar na educación dos vosos fillos e nosos alumnos. Para que vaiades anotando na vosa axenda, isto é o que vos ofertamos a partir das 19.00 h da tarde:

  • Martes 28: «Primeiros auxilios pedriáticos (atragantamentos, reanimación cardiovascular, queimaduras, caídas…)», para as familias de Infantil. Será moi práctico. Imparte un pai de familia.
  • Mércores 29: «Educar no conflicto», para familias de ESO. Contamos coa colaboración da Fundación Amigó (fundacionamigo.org).
  • Xoves 30: «Educar para o mañá. Estilos educativos e modelos parentais», para as familias de Primaria. Tamén coa Fundación Amigó.

Todo educa. E todos precisamos formación para seguir crecendo como persoas. Feliz semana!