Comezaremos a semana con ilusión e ledicia organizando actividades para o noso alumnado:

  • Luns:
    • Preparación das inmersións lingüísticas. As familias de 6º de E.P. e 1º de ESO estades convocadas  ás 17.45h, no salón de actos, para presentarvos a viaxe prevista ó Reino Unido.
    • Ás 19.00h, seredes ás familias de 3º de ESO as que recibiredes información, tamén no salón de actos, da viaxe programada a Irlanda.
  • Martes:
    • Os alumnos de 2ºB de E.P. visitarán o MAC.
    • Haberá unha formación interna sobre a LOPD.
  • Xoves:
    • A ANPA celebrará dúas reunións. A primerira para a presentación das contas (16.00h, primeira convocatoria; 16.15h, segunda convocatoria). De seguido, ás 16.45h, presentará un plan para recaudar fondos, e así axudar a aquelas familias que participarán nas excursións de inmersión lingüística.
    • Como todos os anos, celebraremos a eucaristía de acción de gracias e inicio de curso, á que estamos invitadas todas as familias. Será ás 19.15h no colexio dos PP. Escolapios.
  • Venres:
    • Un grupo de profesores do centro, acudirán á Formación Project Zero, organizada pola Universidade de Hardvard.
    • Pola tarde, varios profesores formaranse sobre comunicación na sede de Escolas Católicas.
    • Para rematar a semana dunha forma divertida, a ANPA organizará, ás 17.30h, un taller para o alumnado de 5º de E.I. (4 anos). Recibiredes ao longo da semana a  ficha de inscrición.

Feliz comezo de semana!