Iniciamos o mes coa invitación a colaborar na Campaña da Operación Quilo, baixo o lema «Operación Quilo, un triunfo se participas». O pasado venres, as alumnas e alumnos levaron a circular na que se anima a participar desinteresadamente nesta campaña.

É importante que teñamos en conta o tipo de alimentos ou produtos asignados por cursos. Podemos entregalos ata o 19 de decembro.

Nesta curta semana e na vindeira non temos ningunha actividade especial, dado que entramos en época de exames. Podedes consultar o calendario de exames de ESO e 1º BAC en Educamos.

Si están programadas unha reunión informativa para as famlias de 1ª Comuñón-2º ano (luns 11, ás 19.30 h) e unha reunión formativa para as familias de 1ª Comuñón-1º ano (xoves 14, ás 16.30 e ás 19.30 h).

Lembramos que o día 7 non hai clase xa que é o Día do Ensino (declarado festivo pola Consellería de Educación). Por outra banda, recibimos autorización de Inspección Educativa para considerar como Día Non Lectivo o día 30 de abril de 2018, luns.

Feliz semana para todos!