Empezamos a semana conmemorando o Día Mundial do Medio Ambiente, pois celébrase o 5 de xuño. Os máis pequenos do colexio serán protagonistas neste día xa que se van á Fervenza do Toxa de excursión, a disfrutar de actividades no entorno da natureza e dos animais.

Avanzamos ata o mércores, día en que os protagonistas son os alumnos e alumnas de 2º BAC que se presentan á ABAU (a coñecida selectividade). En tres días amosarán os seus coñecementos nas diferentes materias que prepararon durante nove meses. Desexámoslles moita sorte, lucidez, serenidade e, sobre todo, confianza en si mesmos. Querer é poder!!!

Chegamos ó xoves e agárdanos outro acontecemento importante: ás 19.00 h presentarase no MUNCYT o proxecto «Un día de cine», coordinado por Proxecto Máscaras, no que participa un grupo de nenas e nenos de 6º de Primaria.

E rematamos a semana coa visita que o alumnado de 4º Primaria realizará ó Museo de Arte Contemporáneo.

Feliz semana para todos… e novamente, os nosos mellores desexos para que o alumnado da ABAU realice con éxito as probas!