Ano novo, trimestre novo, propostas novas que nos axuden a mellorar… Entre as novidades que temos para este mes, destacamos a presenza de tres auxiliares de conversa en Primaria, Secundaria e Bacharelato (Luke, Rabiya e Anna), gracias á colaboración nas inmersións lingüísticas con Language Kingdom.

Nesta primeira semana lectiva de xaneiro destacamos as seguintes actividades:

  • Martes 9: Charlas sobre a concienciación do coidado do planeta con Martin Hutchinson, bombeiro británico que percorre o mundo para loitar polo medio ambiente. Máis información en: laopinioncoruna.es, metropolitano.gal, laopiniondemurcia.es, elmundo.es,…
  • Xoves 11: Formación para pais e nais de alumnos de 1ª Comuñón 2º ano (16.30 e 19.30 h).
  • Venres 12: Casting final de Voz Intercentros (15.30 h).

Nesta semana teremos tamén unha oración especial pola beata Victoria, lembrando a súa entrega polos demais. Dela dixeron: «Era una religiosa de verdad y las virtudes de fe, esperanza y caridad las vivió de modo heroico. Se sacrificaba siempre buscando el bien de los demás, a costa de sí misma» (testemuñas recollidas no Summarium Super Dubio).

Feliz semana para todos!