Entramos de cheo na segunda semana de abril con máis actividades para complementar o currículo e seguir no camiño da formación e actualización.

  • Luns 9: 4ª Charla S. Faustino Míguez para o persoal do centro e axentes de pastoral, «Chamados a ser felices. O P. Faustino e a santidade», impartida por M. Julia García Monge, relixiosa calasancia (17.40 h). Ás 20.00 h, reunión coas familias do alumnado de 4º ESO que vai de excursión a Londres (sala de conferencias).
  • Martes 10: Visita á biblioteca pública González Garcés para as nenas e nenos de 3º EP-A. Pola súa banda, o alumando de 1º BAC visitará as instalacións de La Voz de Galicia en Sabón e terá a 1ª sesión do programa «Móllate! Acción educativa para a defensa dos océanos» (http://mollate.coruna.gal/).
  • Mércores 11: A editorial Polygon Education presentará no noso colexio diferentes proxectos innovadores relacionados coas materias instrumentais. A presentación será para colexios da cidade.
  • Xoves 12: Visita á biblioteca pública González Garcés para o alumnado de 3º EP-B. Derradeiro obradoiro de Agasex para as alumnas e alumnos de 4º ESO.
  • Fin de semana: Encontro de Misión Compartida Participación en Getafe para todos aqueles que forman parte destes grupos de profundización no carisma calasancio (http://www.institutocalasancio.es/recursos/mision-compartida).

Feliz semana para todos!