O gran momento xa se vai acercando… Pronto escoitaremos cantar e proclamar ben alto “¡San Faustino!”. Que o seu recoñecemento como modelo de vida entregada ós demais sexa para cada un de nós exemplo a seguir.

Para esta semana, que se interrumpe cun día festivo, temos previsto o seguinte:

  • Luns 9: Charla sobre o alzhéimer para alumnado de 1º BAC na Fundación Barrié.
  • Martes 10: Reunións informativas sobre: ONMAT para 1º ESO e inmersión lingüística para 3º ESO ás 18.30 h; e inmersión lingüística para 6º EP e 1º ESO ás 20.00 h.

E rematamos a semana co gran acontecemento: a canonización do P. Faustino, que poderedes seguir en directo na 13 Tv (http://trecetv.es/) e no canal de youtube da Santa Sede.