Actividades extraescolares

Ábaco

Os mércores, de 17.30 a 18.30 h o colexio oferta a actividade de Ábaco para alumnos e alumnas de Primaria. Esta actividade realízase con Aloha Mental Arithmetic.

Baloncesto e fútbol

Asociación Deportiva Calasancias oferta baloncesto e fútbol para todas as idades, desde os catro anos.Para máis información, consultar os folletos: Baloncesto 17-18 e Futbol 17-18.

Educachef

Actividade novidosa para que pequenos e grandes o pasen moi ben aprendendo a cociñar e a alimentarse de forma saudable. Ademais, é unha forma de coñecer e recoñecer os alimentos, de desenvolver a atención plena, estimular a creatividade e fomentar tamén o traballo en equipo.

English World

English World School of English ofrece cursos de inglés cunha ensinanza personalizada, amena e de calidade. Está tutelada por un equipo de profesores nativos e filólogos, altamente cualificados.

O colexio Calasancias aposta por esta escola de inglés coa finalidade de ofertar ó seu alumnado un espazo para perfeccionar esta 1ª lingua estranxeira curricular e posibilitar a preparación e obtención de títulos homologados pola Universidade de Cambridge: KET (A2), PET (B1), FIRST (B2), Advanced (C1), etc.

Esgrima

O clube deportivo 100Tolos promociona a esgrima como deporte de combate no que non se permite o contacto directo entre os contendentes. Mediante esta modalidade deportiva trabállanse valores como: a elegancia, o respecto, o autocontrol, etc.

Esta actividade vai dirixida a nenas e nenos de Infantil e Primaria. Máis información no folleto Esgrima 17-18 e na páxina web http://www.100tolos.com/.

Apúntate a Ludi

Con actividades como patinaxe, judo, baile, danza, ballet e moito máis.

Ludi

Asociación Deportiva LUDI presenta un abano de actividades extraescolares que pretenden completar a formación integral do alumnado: judo, teatro, baile, ballet, patinaxe, pintura, informática, xadrez…

Pastoral Extraescolar

Desde este curso o colexio oferta a actividade extraescolar de natación para nenos e nenas de Infantil e Primaria por medio do Complejo Deportivo Rialta. A natación e unha das actividades deportivas máis completas, pois favorece a exercitación dos músculos, a coordinación motora, o sistema circulatorio e respiratorio, ademais de contribuír ó desenvolvemento da independencia e da autoconfianza do neno.

Piscina

Desde este curso o colexio oferta a actividade extraescolar de natación para nenos e nenas de Infantil e Primaria por medio do Complejo Deportivo Rialta. A natación e unha das actividades deportivas máis completas, pois favorece a exercitación dos músculos, a coordinación motora, o sistema circulatorio e respiratorio, ademais de contribuír ó desenvolvemento da independencia e da autoconfianza do neno.

Esta actividade desenvólvese os xoves de 18.00 a 19.00 h con servizo de autobús. Para máis información, consultar o folleto do colexio, Natacion 17-18.

Robótica

Arkitas Robótica é unha asociación que oferta como actividades extraescolares a robótica e a programación, coa finalidade de promocionar a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas. Todo isto axuda na formación integral do alumnado, facendo fincapé no traballo en equipo, na innovación e na creatividade.

Tiro con arco

Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve promociona o tiro con arco. Esta actividade extraescolar desenvólvese no colexio para alumnado de Primaria, ESO e BAC.

Voleibol

Clube Deportivo P. Faustino-Calasancias é unha organización deportiva referente do voleibol galego, cun proxecto de presente e de futuro nesta modalidade deportiva.

Síguenos no noso Instagram

e descubre as mellores fotos de Calasancias

Estradas Os Fortes, 4,
15011 A Coruña

Loading...

Luns a venres: 08:00 – 20:00
Sábados: 08:00 a 14:00

¡Llámanos al +34 981 25 64 30!