ANPA

Que é a ANPA?

A asociación de nais e pais do colexio e é unha parte importante no funcionamento e colaboración das familias co Centro

Obxectivos

  • Promover e actualizar os valores da familia como 1º educadora e animar aos pais dos alumnos de Calasancias Coruña a se formar para o desenvolvemento da súa misión educativa.
  • Defender e representar á familia calasancia en todos os ámbitos da vida social.
  • Participar como órgano de representación dos intereses e lexítimas aspiracións dos pais e nais do alumnado, no só no ámbito escolar, senón en todos os estamentos en que se decida a política educativa.
  • Promover e defender o dereito das nais e pais a elexir a escola dos seus fillos.
  • Promover e defender o dereito dos pais e nais á educación relixiosa dos seus fillos.
  • Promover e defender a liberdade da ensinanza proclamada nos artigos 10 e 27 da Constitución.
  • Organizar actividades e servizos de carácter asistencial, cultural, social, educativo, recreativo, deportivo e pastoral para os sus membros e para toda a comunidade educativa do colexio.

Todos isto no marco da promoción e o respeto ao carácter propio do ideario de centro. Serán socios os pais, nais ou titores legais dos alumnos matriculados no CPR Plurilingüe Calasancias, debendo manifestar o seu desexo de pertencer á ANPA aceptando expresamente os seus estatutos. Os órganos de goberno da ANPA son a asamblea xeral de socios e a xunta directiva.