Atención á Diversidade

Departamento de orientación

Entendemos a Orientación como un proceso de acompañamento continuo ao alumnado, para o seu crecemento persoal e social, que atende ás necesidades e intereses da persoa, co obxecto de potenciar o seu desenvolvemento humano ao longo de toda a vida, desde un enfoque integral.

Unha nova perspectiva

Pensamos que a orientación debe facerse desde unha perspectiva da inclusión, na que a comunidade educativa é unha parte da sociedade, e debe responder ante a diversidade non só focalizando a intervención sobre o alumnado, senón creando contextos que acollan á diversidade en calquera das súas formas.

O Departamento de Orientación busca que as accións teñan coherencia e continuidade entre todos os niveis, desde infantil ata bacharelato.

Baséase nos seguintes principios

  • A orientación é para todo o alumnado de todas as idades.
  • Aplicarase a todos os aspectos do desenvolvemento do alumnado.
  • Será unha tarefa cooperativa na que se comprometan alumnado, familias, docentes, equipo directivo, orientación e especialistas.

Equipo Interdisciplinar

A función da orientación lévase a cargo dun equipo interdisciplinario conformado por: orientadora, logopedia así como unha especialista de audición e linguaxe e pedagoxía terapéutica. Tamén colaboran mestres de apoio e reforzo en Infantil, Primaria e ESO, titores, directores e coordinadora de Pastoral.

As nosas especialistas:

Gabriela Sampedro Gago

Verónica Rego Gónzalez

María Suárez Pardo

¡Llámanos al +34 981 25 64 30!