Entendemos a avaliación como un proceso orientado á formación integral do alumno, que se centra, fundamentalmente, nas súas capacidades, destrezas e valores-actitudes. Concibimos tres tipos de avaliación: inicial (permite determinar o punto de partida dos alumnos respecto ao seu estilo de aprendizaxe. Farase no mes de setembro); continua ou formativa (fundamental para ir axustando as ensinanzas); e sumativa ou final (permite comprobar se o alumno acadou os obxectivos fundamentais de cada unidade e trimestre).

Datas de información ás familias

As datas de entrega dos boletíns de notas trimestrais serán as seguintes:

  • 1ª AVALIACIÓN:          30 de novembro de 2017 (2º BAC), 20 de decembro de 2017 (resto cursos).
  • 2ª AVALIACIÓN:          1 de marzo de 2018 (2º BAC), 22 de marzo de 2018 (resto cursos).
  • 3ª AVALIACIÓN:          Maio de 2018 (2º BAC), 15 de xuño de 2018 (resto cursos). Non hai recuperación da 3ª avaliación.
  • BOLETÍN FINAL:        Maio de 2018 (2º BAC), 21 de xuño de 2018 (EI-EP) e 25 de xuño de 2018 (ESO e 1º BAC).

As datas aquí sinaladas son as que, en principio, se prevén. Non obstante, poden sufrir cambios por causas alleas á organización do centro.