Hoxe, 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos. Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderédelos obter en diferentes lugares:

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Calquera dúbida sobre este tema, podedes poñervos en contacto co Programa municipal de traballo con familias, no teléfono 981 18 42 00, ext 33040.