Publicamos o calendario de exames previsto para o mes de setembro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato con materias pendentes.

Tamén podedes descargar o LISTADO LIBROS CURSO 18-19. Con respecto ó material escolar que precisará o alumnado de Infantil e Primaria, informarase do mesmo nas reunións de setembro que os titores/as manterán con vós antes de empezar as clases, as cales comezan o día 12 (mércores) para EI e EP, e o día 17 (luns) para ESO e BAC.

Na derradeira semana de agosto recibiredes a circular de inicio de curso na que se vos informará de todos os aspectos relevantes para dito inicio.

Lembrámosvos que o colexio permanecerá aberto ata o día 24 de xullo en horario de mañá (de 8.45 a 13.00 h). Regresaremos o día 27 de agosto, en horario de 9.00 a 13.00 h.

Feliz verán para todos!