O curso vai rematando e nalgúns casos os alumnos e alumnas presentan dalgunha maneira o seu traballo extraescolar en datas moi concretas; datas que é ben teñades en conta para a vosa organización. As datas previstas para determinadas celebracións e exhibicións son:

  • Xoves, 25 de maio: Xornada de Portas Abertas da actividade extraescolar de piscina. É obrigatorio levar chanclas. Será nas instalacións de Rialta, ás 18.00 h.
  • Mércores, 31 de maio: Exhibición das actividades extraescolares de LUDI (xudo, tenis, ballet, baile moderno, xogos motrices e patinaxe), en horario de 15.45 a 17.30 h, no Polideportivo e no patio interior do colexio.
  • Venres, 2 de xuño: Celebración de imposición de símbolos ó alumnado pertencente ó Movemento Calasancio desde 5º EP a 2º ESO. Será de 16.30 a 17.30 h.
  • Domingo, 18 de xuño: Festa de fin de curso. Xa recibiredes información máis puntual dela.

A vindeira semana enviarase circular lembrando algúns temas relacionados co fin de curso, así como de reunións informativas sobre os cursos de 3º e 4º ESO, e BAC.

Feliz semana para todos!!!