O día 8 de marzo é o día grande para todo o Instituto Calasancio, pois lembramos ó noso fundador, un escolapio galego que se sentiu chamado a posibilitar a educación das nenas de finais do século XIX. Resulta que ese mesmo día se celebra o Día Internacional da Muller. Coincidencia casual ou celestial??? Dá igual. O caso é que Faustino Míguez procurou que as nenas non fosen menos que os nenos da súa época. E as Calasancias, ademais de seguir educando en igualdade, non esquecemos que nos países menos desenvolvidos as mulleres e as nenas seguen precisando o seu empoderamento, o seu recoñecemento como persoas cos mesmos dereitos e deberes que os homes e os nenos.

A todos os que formamos as comunidades educativas espalladas por España, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia, Ecuador, Nicaragua, Guinea Ecuatorial, Camerún e India, a todos nos toca facer vida esa igualdade, dignidade e respecto por todas as persoas sen ningún tipo de distinción.

E non esquezamos que este é o ano de Faustino Míguez, pois será canonizado polo papa Francisco. Para iso, invitámosvos a ler a circular que nos envía M. Sacramento Calderón, Superiora Xeneral: Circular 8 marzo 2017 BFM

Máis información sobre o Día Internacional da Muller: http://www.un.org/es/events/womensday/