A vida do colexio Calasancias non se concibe sen o apoio e a presenza da Comunidade Relixiosa, que vive e expresa a mensaxe evanxélica nun servizo incondicional segundo o lema carismático, evanxelizar educando.

A comunidade relixiosa de Calasancias Coruña está formada por once mulleres que, desde a súa vida sinxela e cercana, tratan de transmitir o carisma do beato Faustino Míguez, por medio da actividade docente, pastoral, administrativa, de apoio en comedor, portería e gardería, e en todas aquelas actividades nas que sexan necesarias, incluso abrindo portas na fin de semana sempre que algún alumno ou alumna se esquece dos libros, apontamentos…

Forman a comunidade:

  • M. Elvira Padrón Calviño
  • M. Dolores Casanova Pérez
  • M. Consuelo Ventín Míguez
  • M. Josefa Carnero Carnero
  • M. Elisa Casanova Pérez
  • M. Carmen Valcárcel Sangil
  • M. Pura López Caldeiro
  • M. Ramona Meire Suárez
  • M. Mª Luisa García Rodríguez
  • M. Concepción López Ayán
  • M. Concepción Ruiz CarrilloMVVBFM_001

Todas elas participan da misión apostólica, cada unha desde a súa ocupación concreta. O Instituto Calasancio, consciente da responsabilidade que ten na difusión do Evanxeo, coopera na expansión do Reino.

Deste xeito, as relixiosas calasancias están dispostas a ser testemuñas de Xesús en calquera parte do mundo (cfr. Constituciones y Reglas del Instituto Calasancio, nº 89). Hoxe seguen evanxelizando a través da educación na cidade de A Coruña, como se ven facendo desde o ano 1969.