Actividades extraescolares

Ludi

Asociación Deportiva LUDI presenta unha variedade de actividades extraescolares que pretenden completar a formación integral do alumnado: judo, teatro, baile, ballet, patinaxe, pintura, informática, xadrez…

Educachef

Actividade novidosa para que pequenos e grandes o pasen moi ben aprendendo a cociñar e a alimentarse de forma saudable. Ademais, é unha forma de coñecer e recoñecer os alimentos, de desenvolver a atención plena, estimular a creatividade e fomentar tamén o traballo en equipo.

English World

English World School of English ofrece cursos de inglés cunha ensinanza personalizada, amena e de calidade. Está tutelada por un equipo de profesores nativos e filólogos, altamente cualificados.

O colexio Calasancias aposta por esta escola de inglés coa finalidade de ofertar o seu alumnado un espazo para perfeccionar esta 1ª lingua estranxeira curricular e posibilitar a preparación e obtención de títulos homologados pola Universidade de Cambridge: KET (A2), PET (B1), FIRST (B2), Advanced (C1), etc.

Robótica

Arkitas Robótica é unha asociación que oferta como actividades extraescolares a robótica e a programación, coa finalidade de promocionar a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas. Todo isto axuda na formación integral do alumnado, facendo fincapé no traballo en equipo, na innovación e na creatividade.