Baloncesto e fútbol
A Asociación Deportiva Calasancias oferta baloncesto e fútbol para todas as idades, desde os catro anos.Para máis información, consultar os folletos: Baloncesto 18-19 e Futbol 18-19.
Esgrima
O clube deportivo 100Tolos promociona a esgrima como deporte de combate no que non se permite o contacto directo entre os contendentes. Mediante esta modalidade deportiva trabállanse valores como: a elegancia, o respecto, o autocontrol, etc.
Esta actividade vai dirixida a nenas e nenos de Infantil e Primaria. Máis información no folleto Esgrima 18-19 e na páxina web http://www.100tolos.com/.
Piscina
Desde este curso o colexio oferta a actividade extraescolar de natación para nenos e nenas de Infantil e Primaria por medio do Complejo Deportivo Rialta. A natación e unha das actividades deportivas máis completas, pois favorece a exercitación dos músculos, a coordinación motora, o sistema circulatorio e respiratorio, ademais de contribuír ó desenvolvemento da independencia e da autoconfianza do neno.
Esta actividade desenvólvese os xoves de 18.00 a 19.00 h con servizo de autobús. Para máis información, consultar o folleto do colexio, Natacion 18-19.
Tiro con arco
A Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve promociona o tiro con arco. Esta actividade extraescolar desenvólvese no colexio para alumnado de Primaria, ESO e BAC.
Voleibol
O Clube Deportivo P. Faustino-Calasancias é unha organización deportiva referente do voleibol galego, cun proxecto de presente e de futuro nesta modalidade deportiva.