Educación Infantil

3-6 anos

Un alumno feliz sempre está disposto a aprender e por iso esforzámonos moito en acompañar os pequeno ao longo desta etapa. A nosa prioridade é asegurarnos de que todos os alumnos se sintan seguros, como na casa, ben acollidos e nun ambiente deseñado para propiciar unha aprendizaxe autónoma. Partimos da individualidade de cada un, atendendo á diversidade e potenciando cada unha das múltiples intelixencias que posúen. 

Innovación

Calasancias Coruña impulsa metodoloxías atractivas e motivadoras baseadas en proxectos de comprensión que apostan por:

Estimulación temperá

Empregada diariamente, baseada na metodoloxía de Glenn Doman: Pase de Bits (Enciclopédicos, matemáticos e de lectura) e Programa de desenvolvemento básico (PDB) e a posta en práctica das Intelixencias Múltiples.

Grafomotricidade

Espertamos nos alumnos o interese por coñecer o mundo das letras. Utilizamos un método dinámico e creativo para eles, estimulando así as habilidades necesarias para iniciar o proceso da lectoescritura.

Programa EMAT

Permite traballar as matemáticas de maneira útil e práctica achegándoos á súa realidade e a problemas da vida cotiá, propoñendo metodoloxías e recursos motivadores.

Traballo por proxectos

O equipo de profesores desta etapa traballa por proxectos, utilizando unha metodoloxía experiencial e manipulativa que potencia as Intelixencias Múltiples a través da aprendizaxe.