Debido ós problemas técnicos que houbo o pasado venres, procedimos a enviar por Educamos a circular que informa do procedemento a seguir para a entrega e custodia dos portátiles de 5º EP e 1º ESO pertencentes ó Proxecto E-Dixgal.

Precisamos que pasedes nestes días (ata o 26 de xuño) en horario de mañá a cubrir o resgardo (que tamén podedes descargar aquí) da entrega do portátil e todos os seus complementos. Sentimos as molestias que isto vos poida causar na vosa organización.