edirectivoO Equipo Directivo é o órgano ordinario de xestión do Centro. É o ámbito de intercambio e busca de consenso sobre as decisións directivas que deben adoptarse no colexio, sen prexuízo das responsabilidades e competencias propias de cada órgano.

Está formado, seguindo as indicacións do artigo 73 do RRI, polas seguintes persoas:

  • M. Elvira Padrón Calviño, directora titular e directora pedagóxica de ESO e BAC.
  • D. Fernando Toja Díaz, director pedagóxico de Infantil e Primaria.
  • D. José Luís Parada Pol, xefe de estudos e coordinador de Calidade.
  • M. Concepción Ruiz Carrillo, coordinadora de Pastoral.
  • Dª. Lourdes Guillán Barbeito, secretaria.
  • D. Santiago Modroño Nodar, administrador.

A súa definición, composición e competencias están recollidas nos artigos 72 a 74 do Capítulo II do Regulamento de Réxime Interno, «Órganos colexiados».