Twitter, internet, Instagram, hashtag, redes sociais, perfil, e-mail, apps… son algúns dos termos que se asocian cunha realidade social que veu para quedarse e incluso seguir avanzando. Vivimos na era dixital, na sociedade da tecnoloxía que camiña con nós . Por iso, temos que preparar ós nosos alumnos na competencia dixital, para que poidan entender axeitadamente as novas linguaxes, formas e entornos da comunicación.

Desde hai anos emprendimos a dixitalización do noso espazo educativo, dotando nun primeiro momento todas as aulas con lousas dixitais, ordenadores de aula, renovación da aula de informática, participación co alumnado de 5º e 6º no proxecto Abalar…

Cales son os beneficios do uso das TIC no proceso de aprendizaxe? Estas potencian as aprendizaxes individualizadas, atendendo á diversidade e aprendizaxes colectivas e colaborativas; transforman as metodoloxías dos docentes, que xa aplicamos o uso do móbil para a proposta de tarefas; dotan de dinamismo á aula, motivan ó alumnado, ofrecen un vínculo entre o mundo fóra da escola e a mesma escola… e, sen dúbida, favorecen a innovación educativa.