glenndomanUnha das grandes apostas do Colexio Calasanciasen materia de innovación educativa é a Estimulación Temperá. Nos últimos anos puxéronse en práctica diferentes programas desenvolvidos por Glenn Doman, médico norteamericano, fundador dos Institutos para o Desenvolvemento do Potencial Humano, en Philadelphia, a finais dos anos 50. Previamente, Doman traballara con nenos con lesións cerebrais que, tras seguir os seus programas, conseguiron desenvolver habilidades cognitivas similares e incluso superiores ás de nenos/as sans. Isto fixo pensar que se estaban desaproveitando capacidades das nenas e nenos nestas idades.

Tendo en conta isto, os programas que levamos a cabo no colexio buscan proporcionar información ó cerebro a través dos sentidos antes de que este acade certa madurez neurolóxica e así lograr o máximo desenvolvemento dos seus potenciais. O obxectivo é chegar á «excelencia física, social e intelectual»; noutras palabras, desenvolver ó máximo as capacidades das nenas e nenos nestes tres aspectos.

Glenn Doman establece a necesidade de estimular seis capacidades ou intelixencias no neno/a: visual, auditiva, táctil, móbil, lingüística e manual e, para iso, basea o seu método de estimulación en diferentes programas.

Bits de intelixencia

Os bits de intelixencia melloran a atención, facilitan a concentración e desenvolven e estimulan o cerebro, a memoria e a aprendizaxe.

É unha actividade diaria que consiste en amosar información visual e auditiva de forma rápida a través de tarxetas de información, de forma que os nenos/as aprenden, sen apenas decatarse, novos termos e significados, clasificados e estruturados, que servirán para desenvolver e ampliar a súa linguaxe, o seu vocabulario e a súa memoria. Existen diferentes categorías: Xeografía, Historia, Botánica, Literatura, Música…

O pase dos bitis lévase a cabo tres veces ó día, en formato papel ou dixital, e ten a súa continuidade en Primaria, a través dun programa de bits de ortografía, e en Secundaria e Bacharelato, elaborando coleccións relacionadas cos temas traballados nas materias.

Programa de Desenvolvemento Básico (PDB)

estimulacion-temprana-gateo_arrastreO obxectivo deste programa é acadar unha correcta organización neurolóxica. A súa posta en práctica é fundamental, xa que é determinante para aprendizaxes tan importantes como a lectura e a escritura.

A través do PDB trabállase a converxencia ocular, necesaria para un bo desenvolvemento. Así mesmo, permite ir definindo a lateralidade, é dicir, que o neno/a utilice preferentemente e con maior destreza ollo, man, perna e oído dereito ou esquerdo.

Este programa inclúe: actividades vestibulares, circuítos de movementos en patrón homolateral, patrón cruzado, técnicas de relaxación de extremidades, exercicios de arrastre e gateo, braqueación e marcha.estimulacion-temprana_escalera-braquiacion1

No colexio dispoñemos de dúas escaleiras de braqueación que nos permiten reforzar a estrutura respiratoria dos nenos/as, positiva non só para a saúde, senón tamén para o desenvolvemento intelectual. Ó pasar a escaleira, os alumnos tamén exercitan a prensión da man e a pinza dixital.