«En el P. Faustino Míguez descubrimos una santidad tejida de cotidianeidad, de pasión por la escuela, de amor y entrega a la niñez y juventud, de sencillez de vida, de mirada amorosa y llena de posibilidades para los demás, de pequeños gestos en el día a día, hechos desde el Amor. Contemplar y gozarnos con la santidad del P. Faustino ha de despertar en nosotros esa llamada a la santidad que Dios nos hace, día a día, en cada momento» (Sacramento Calderón, Superiora General do Instituto Calasancio)

A Proposta Educativa do CPR Plurilingüe Calasancias sinala como obxectivo derradeiro da educación o desenvolvemento harmónico da persoa do alumno en tódalas súas dimensións.

Preténdese:

  • Procurar un ambiente cálido e seguro.
  • Axudar ó alumnado a adquirir a madurez necesaria que lle permita afrontar a súa evolución, cubrindo as necesidades físicas, afectivas, intelectuais, sociais e morais.
  • Potenciar o desenvolvemento harmónico da súa dimensión ética e transcendente desde unha concepción cristián da vida.

De acordo con este obxectivo, desenvolvemos unha serie de actividades e propoñemos un elenco de valores e prioridades que, neste curso 2017-2018, tentaremos levar a cabo na nosa COMUNIDADE EDUCATIVA.