cruz-modelo flores amarillasO Proxecto de Misión Compartida nace do convencemento de que o Espírito de Xesús e o carisma legado polo beato Faustino, na súa tripla dimensión (espiritualidade, vida fraterna e misión) son dons para a Igrexa que debemos vivilos en cada época e lugar dunha maneira creativa e nova. Sen dúbida, isto é un reto moi apaixoante para o Instituto Calasancio, pois tanto relixiosas como profesores e colaboradores laicos temos que cambiar as mentalidades e traballar por un mesmo obxectivo común: responder ós desafíos educativos que nos presenta o século XXI desde unha visión evanxelizadora e evanxélica.

O lema Piedade e Letras, propio de finais do século XIX, cando nace esta institución educativa, segue tendo sentido hoxe, polo que este Proxecto de Misión Compartida pretende axudarnos a todos a reflexionar sobre a conciencia da nosa propia vocación educadora, evanxelizadora e humanizadora.

No seguinte documento, preséntanse as claves do Proxecto: Proyecto de Misión Compartida.

No noso colexio, desde que se iniciou este Proxecto, establecimos uns grupos de formación que bautizamos cos nomes das primeiras mulleres que axudaron ó beato Faustino a sentar as bases do Instituto Calasancio. Xa desde os inicios, a misión de evanxeliar educando se fixo de xeito compartido, relixiosos e laicos, pois dese grupo de mulleres, algunhas delas decidiron consagrar a súa vida á educación mediante a opción relixiosa.

Os grupos de formación de Misión Compartida deste curso son os seguintes:

misioncompartida_001