MISIÓN

A misión da nosa escola é evanxelizar a través da educación, desde unha visión cristiá da persoa, do mundo e da historia. Dita misión está orientada á formación integral do alumnado, seguindo o lema «Piedade e Letras» (Fe e Cultura hoxe), e de acordo ó estilo pedagóxico que nos legou o P. Faustino Míguez, fundador do Instituto Calasancio Hijas de la Divina Pastora.

VISIÓN

O Instituto Calasancio nace para dar resposta ás necesidades educativas da sociedade de finais do século XIX. A súa razón de ser, evanxelizas por medio da educación, segue sendo unha urxente necesidade na sociedade actual.

A visión da escola calasancia, entendida como a súa ubicación en escenarios futuros, é seguir apostando por unha escola:

  • Aberta a todos. Situada no marco dun claro pluralismo de opcións educativas dentro da sociedade e, en actitude de respecto, está aberta a todo aquel que desexe a educación que nela impartimos. Acollemos con sinxeleza e fraternidade a cantas persoas se integran na nosa escola, especialmente ós máis pobres e pequenos da sociedade.
  • Signo de vida aberta á trascendencia. Desenvolvemos un proxecto educativo basado na lectura evanxélica dos valores que fundamentan os dereitos humanos e que a nosa sociedade demanda. Na nosa escola, Xesús é o centro e o Evanxeo a norma de vida.
  • Xeradora de cultura que promove a igualdade para todos. Posibilitamos o acceso de todos os alumnos e alumnas a unha cultura xeral, de xeito que poidan ser competentes para a súa integración activa na sociedade.
  • Aberta ó entorno. O diálogo escola-entorno axúdanos a ser sensibles ós cambios que se dan na sociedade e úrxenos a renovar a acción educativa de acordo coas esixencias dos tempos actuais.
  • En misión compartida desde unha comunidade de vida. Consideramos a nosa escola como unha gran familia que asume de forma corresponsable a grande tarefa de educar e educarse.
  • Innovadora. Aproveitamos os adiantos que a ciencia e a técnica nos proporcionan en mantémonos nunha actitude de constante renovación e adaptación ás metodoloxías educativas da escola do século XXI.

VALORES

A identidade da nosa escola fundaméntase na concepción cristiá da persoa, da educación e do mundo, e expresámola na nosa misión, visión e proposta de valores.

Os principios carismáticos que definen o sistema de valores da nosa escola calasancia son:

  • A Proposta Educativa, que se basa na visión cristiá da persoa, da vida e da historia.
  • A opción preferencial polos máis necesitados, coa dedicación ós humildes e pequenos desde a concepción dun Deus nai-pai, cercano, que perdoa e se compromete con todos.
  • A comunidade educativa en misión compartida, cuxos membros  identificámonos co Carácter Propio, implicámosnos e sentímonos responsables da boa marcha da escola.
  • O estilo pedagóxico humanizador, baseado na cercanía ó alumnado e no respecto á diversidade, en estreita colaboracións coas familias e sendo fieis ó carisma institucional.
  • A pedagoxía legada polo P. Faustino: personalizada, baseada no estímulo, no discernimento, no acompañamento, no exemplo e no amor.

Desde estes principios carismáticos, os valores nos que educamos son: o amor, a esperanza, a fraternidade, a gratuidade, a honestidade, a xustiza, a liberdade, a sinxeleza, a solidariedade e a verdade.