Movemento Calasancio

QUE É O MOVEMENTO CALASANCIO?

É un grupo xuvenil que, a través de actividades lúdicas e de reflexión, quere coñecer e seguir a Jesús de Nazareth para vivir o evanxeo desde a espiritualidade calasancia. sente parte integrante da Igrexa e comprometida na realidade do noso mundo.

QUEN O FORMA?

Este movemento xuvenil está formado por relixiosas, monitores, nenos e novos, desde 5º de primaria ata 4º de secundaria, que queren compartir e vivir o compromiso cristián ao estilo de san Faustino Míguez: o carisma calasancio.

O Movemento Calasancio non é exclusivo do noso cole, senón que está presente en todos os colexios das Calasancias de España.

QUE FACEMOS?

Durante o curso temos reunións de grupo onde aprendemos e experimentamos a nosa fe dunha forma diferente (xogos, dinámicas, talleres, celebracións, oracións…) ofrecendo a oportunidade de vivir os valores de Jesús.

Ademais das reunións semanais, ao longo do curso realizamos excursións, convivencias, campamentos, acampadas, pascuas, campos de traballo… nas que nos xuntamos con nenos e mozos do MC doutros colexios calasancios.

CANDO NOS REUNIMOS?

As reunións semanais son os venres de 15:30 a 16:30 h para Ed. Secundaria e de 17:30 a 18:30 h para Ed. Primaria.

¡Llámanos al +34 981 25 64 30!