É unha boa oportunidade calasancia para compartir con outros a amizade, a fe, o tempo de lecer, a imaxinación… e o mellor de cada un.

Desenvólvese todos os venres a partir de 5º de Primaria. Os rapaces, acompañados por un equipo de monitores formado por alumnos de Bacharelato, exalumnos, profesores e relixiosas, tratan nas súas reunións temas relacionados co seu crecemento humano, coa vida de fe e co carisma calasancio.

Ademais, ao longo do curso, particípase en:Nuevo MC_6

  • Eucaristías familiares no colexio e na Parroquia Nuestra Señora de los Rosales.
  • Convivencias e encontros con rapaces doutros colexios calasancios.
  • Campamento de verán.