É unha experiencia oracional, que se iniciou hai tempo noso colexio, na que acompañamos aos nenos, tratando de favorecer para eles un encontro con Xesús, por medio da oración. Dada a súa natureza pedagóxica, trátase dun proceso, adaptado en todo, ao ritmo de crecemento e aprendizaxe do neno.

Realízase en grupos de 12-14 alumnos entre 5 e 8 anos, que, axudados por unha o dúas guías – catequistas, inícianse na vida de oración e no coñecemento da persoa de Xesús. A súa periodicidade é semanal, cunha duración duns 30 minutos; tempo que é adaptado sempre ao ritmo dos alumnos e ás características do grupo.

O esquema do encontro é:NiñosRezando-ElTambienLloro-julio0700 _thumb[4]

  • Comezamos por orar en intimidade ou «en segredo».
  • Logo se ora coa Palabra: escóitana, apréndena, aplícana a súa vida ou cántana.
  • E despois faise oración en común, pedindo ao Señor ou dándolle grazas en voz alta.

Para iso cóntase cun espazo propio, o Oratorio. É un lugar apropiado para iniciar aos nenos na oración.