Pastoral social

Por que unha Pastoral social no colexio?

A opción pola xustiza é fundamental para os cristiáns e, polo tanto, para o CPR Plurilingüe Calasancias.

Por este motivo, educamos aos nosos nenos e mozos en valores como a solidariedade, a igualdade, a liberdade, o respecto e a tolerancia. Por medio de diferentes actividades (titorías, campañas, visitas, charlas, conmemoracións, clases…) promovemos a sensibilización, a denuncia e o compromiso ante os problemas sociais do noso mundo.

Tentamos transmitir a todos os nosos alumnos e ás súas familias que está na súa man mellorar a realidade. Só hai que saber mirar, escoitar… e poñerse a traballar.

Que facemos?

Por este motivo, organizamos para todos os cursos unha visita solidaria anual. Deste xeito, os nenos e mozos coñeces diferentes asociacións da súa contorna e distintas realidades sociais que precisan da nosa axuda e colaboración. Banco de alimentos, Padre Rubinos, Fogar de sor Eusebia, Banco de Sangue, Cociña económica, ASPRONAGA… son algunhas destas entidades que os rapaces visitan e elles achegan a situación de persoas non favorecidas da nosa sociedade.

Así mesmo, ao longo do curso realizamos numerosas actividades e campañas destinadas á sensibilización e, nalguns casos, á recadación de cartous ou produtos diversos. Día da paz, bocata solidario, festa fin de curso, DOMUND, mercado de Nadal, marcapáxinas solidario, operación QUILO, festa de san Xosé de Calasanz e os dereitos da infancia, festa de san Faustino Míguez e día da muller… son algúns deles.

E que máis?

Non se trata de realizar actividades puntuais, senón de ir xerando unha cultura do compromiso e da gratuidade, sabendo que a transformación social virá se somos quen de camiñar xuntos ao carón de todas as persoas.

DOMUND

1.033,31 € destinados os labores misioneiros da Igrexa Católica.

OPERACIÓN QUILO

Co gallo de Nadal, realizamos no colexio unha gran recollida de alimentos e produtos de hixiene, destinados ao Banco de Alimentos Rías Altas.

Cada ano, un autobús solidario sae dende o colexio, cheo de rapaces e co maleteiro cheo dos produtos conseguidos, para levalos ao Banco de Alimentos da nosa cidade.

http://www.balrial.org/index.php/colaborar/colegios/ 

MERCADO SOLIDARIO DE NADAL

1576.0 € recaudados destinados á fundación Theodora, dedicada a humanizar a estancia nos hospitais dos nenos e nenas con cancro por medio dos «Doctores Sonrisa».

LOTERÍA DE NADAL

1.595,00 € destinados á misión calasancia da India (Derang).

BOCATA SOLIDARIO

3.256,30 €, destinados ao comedor da nosa misión calasancia en Derang (India).

MARCAPÁXINAS SOLIDARIO

707,94 euros, destinados á fundación Save the Children, para os programas de supervivencia de nenas e nenos menores de 5 anos de Etiopía, Níger, Burkina Fasso, asegurándolles auga limpa e potable.

BAS SOLIDARIO DA ANPA

Na festa final de curso, a ANPA recaudou, no seu bar solidario, 900 € que destinou á misión educativa das Relixiosas Calasancias en Derang (India).

¡Llámanos al +34 981 25 64 30!