Neste ano 2017, a Igrexa proclama a santidade do noso fundador, Faustino Míguez de la Encarnación. É para todos os educadores calasancios un modelo de vida de santidade. O lema «Fidelidade no Amor», elixido para a canonización do P. Faustino, resume as dúas claves da súa vida: Amor e Fe, confianza en Deus e entrega sen límites ó próximo.

Os obxectivos para facer vida o lema son os seguintes:

  • Afondar no coñecemento do P. Faustino que, desde o amor, foi fiel a Deus, fiel a si mesmo e fiel ós demais.
  • Recoñecer en Faustino a un home que no seu camiñar crente deu prioridade a Deus: vocación ó sacerdocio.
  • Valorar o camiño educativo do P. Faustino. Escolapio, cuxa intuición levouno a desenvolver a educación como unha forma privilexiada de liberación do ser humano.
  • Achegarnos a Faustino Míguez como científico que puxo os seus coñecementos ó servizo da Humanidade.
  • Potenciar o sentido de pertenza á Igrexa de Xesús e a pertenza á familia do Instituto Calasancio, seguindo o legado do P. Faustino.

Para levar a cabo estes obxectivos e contribuír a fomentar o compromiso, trataremos de fomentar o compromiso no grupo de iguais, potenciando os valores de amor, fidelidade, sinxeleza, lealdade, nobreza, creatividade, franqueza, honestidade, verdade, confianza, humildade, liberación amizade, acollida e dereito das persoas. Todo isto a través dunha educación integral do alumnado e atendendo a todas as súas dimensións (cognitiva, física, afectiva, social e moral), fomentando a autoestima positiva e a autonomía persoal.