Primeira Comuñón

Que é a catequese de Primeira Comuñón?

Son moitas as familias que desexan que o seu fillo ou filla reciba a primeira comuñón no colexio. Por iso, dende o Equipo de pastoral preparamos aos rapaces, cuxas familias o soliciten, para a recepción deste sacramento.

Facémolo na actividade de «Catequese de Primeira Comuñón», desenvolvida por un grupo de catequistas (antigos alumnos e persoal docente e non docente do colexio) todas as semanas, na que, ao longo dunha hora e por medio de dinámicas formativas e divertidas, achegamos aos nenos á persoa de Xesús.

Duración

A preparación para a Primeira Comuñón desenvólvese ao longo de dous cursos. Neste tempo, os rapaces fórmanse segundo o itinerario trazado pola Conferencia Episcopal Española.

Ademais da catequese semanal, os nenos participan en catro eucaristías familiares anuais, na Parroquia Nuestra Señora de los Rosales, e en dúas celebracións comunitarias, a de entrega do Noso Pai e na do perdón, na capela do colexio.

Por medio destas actividades tan diversas os nenos prepáranse mellor para recibir a Xesús por primeira vez e séntense parte activa da Igrexa.

Así mesmo, os pais e nais comprométense a participar na formación que se desenvolve para eles unha vez cada dous meses aproximadamente durante os dous cursos nos que os seus fillos se preparan para a comuñón.

 

Cando se reúnen?

Os nenos e nenas teñen as súas reunións de catequese os xoves de 8:30 a 9:30 h ou os venres de 17:30 a 18:30 h, segundo a solicitude da familia.

Por outra banda, a catequese para pais e nais desenvólvese un xoves cada dous meses aproximadamente (catro sesións ao longo do curso) ás 16:30 h ou ás 19:30 h.

Tanto a participación dos nenos nas reunións semanais e nas eucaristías familiares (catro ao ano) como a das familias na catequese de pais e nais é requisito imprescindible para que os rapaces poidan facer a súa primeira comuñón no colexio.