É unha preparación para recepción do Sacramento da Eucaristía. Nela participan os nenos de 3º e 4º de Primaria cuxos pais desexan que o seu fillo ou a súa filla reciba ese sacramento no Colexio.

As catequeses teñen unha duración de dous anos nos que os rapaces seguen o itinerario trazado para esta formación pola Conferencia Episcopal. Ademais, os pais e nais comprométense a participar na formación que para eles se desenvolve unha vez cada dous meses aproximadamente.

As catequeses son todos os venres para 3º e 4º de Primaria. Os nenos, acompañados por un equipo de catequistas formado por profesores, nais de familia e persoal non docente do Centro, tratan nas súas reunións temas relacionados coa persoa de Xesús e a Igrexa.

Ademais, ao longo do curso pídese aos nenos e as súas familias a participación nas Eucaristías familiares que teñen lugar no colexio o na Parroquia Nuestra Señora de los Rosales.

comuniones-fano