LA EDUCACIÓN EN NUESTRA ESCUELA
EL ESTILO DE NUESTRA ESCUELA
Alumnos, pais, profesores, persoal non docente e Entidade Titular, concibimos a Comunidade Educativa como unha familia que debe vivir unida, ilusionada e de forma responsable a gran tarefa de educar e educarse.
Participa activamente, de acordo coas esixencias propias da súa idade, na vida do centro. Comprométese persoalmente no ben común e no exercicio dos seus deberes e dereitos.
Conscientes de que o proceso educativo non termina na etapa escolar, atendemos aos antigos alumnos, mantendo con eles unha estreita vinculación.
Por esta razón, potenciamos a súa participación activa no centro e coidamos a relación familia-escola. Alentamos a colaboración conxunta coa ANPA (Asociación de Nais e Pais) e fomentamos a súa formación continua.
Axudan ao educando a formar a súa personalidade e complementan a acción educadora das familias. Colaboran na preparación, realización e avaliación do proxecto educativo. Dan ao seu labor formativo o sentido e a coherencia que esixe o carácter propio do noso colexio.
A nosa escola dá prioridade á formación permanente dos profesores, como persoas, como profesionais da educación e como crentes comprometidos na acción pastoral do colexio.
Nosa comunidade educativa potencia as relacións interpersoais e a comunicación nun clima de confianza e apertura.
A nosa acción educativa tende a que os educandos avancen gradualmente polo camiño da súa autorrealización. A autonomía de cada un exprésase na súa capacidade para tomar decisións e para asumir responsabilidades. As nosas relacións educativas baséanse no diálogo aberto e profundo entre todos os compoñentes da comunidade educativa.
A nosa escola é un centro de promoción cultural e social da contorna en que está inserta. O diálogo escola – contorna axúdanos a ser sensibles aos cambios da sociedade, fainos compartir as súas inquietudes e problemas, tomar parte activa na procura das solucións adecuadas e úrxenos a renovar a nosa acción educativa de acordo coas esixencias dos tempos.