… con el as reunións de información sobre o inicio de curso e das actividades extraescolares. Lembramos que este luns, día 25, teremos as reunións informativas da pastoral extraescolar:

  • 18.30 h, información de: 1ª Comuñón (sala de conferencias), Confirmación (salón de actos). Á reunión de confirmación deben asisitir pais/nais e alumnos/as (3º e 4º ESO). E coro-guitarra (aula de 3º ESO-A) para Primaria.
  • 20.00 h, información para familias de alumnos/as que se anoten ó Movemento Calasancio (5º EP a 2º ESO).

As inscricións para estas actividades poden entregarse o mesmo día da reunión ou antes do 29 de setembro.

Nesta derradeira semana de setembro, o alumnado de 4º Infantil (3 anos) xa ten que incorporarse ó horario do resto de alumnos e alumnas de Infantil e Primaria (de 9.00 a 14.00 h). A partir do día 3 de outubro, luns, iniciamos a xornada de mañá e tarde.

E tres últimos recordatorios para estes días:

  1. As familias que desexedes asinar un escrito para solicitar ó Concello melloras no entorno, tedes que facelo en Portería. O prazo remata este mércores 27, ás 10.30 h da mañá.
  2. Se queredes ter a oportunidade de gañar unha viaxe a Roma para dúas persoas, lembrade adquirir as rifas na Portería do colexio. O prazo remata o venres, 6 de outubro.
  3. Aparcadoiros: recordade o expresado nas reunións. Pensemos no ben de todos e moi especialmente no dos máis pequenos do colexio. Isto durante todo o curso.

Que pasemos unha feliz semana!