CSpEZ4rWoAAcEo9Co obxectivo de sensibilizar aos nosos nenos e mozos sobre os problemas que existen no mundo e necesitan da nosa colaboración, desenvolvemos diferentes accións solidarias ao longo do curso. Temos campañas que xa son tradicionais no noso colexio. Este ano as recadacións que conseguimos entre todos foron:

  • Domund (Mundo Misioneiro): 1.235,50 euros, destinados á Igrexa Misioneira.
  • Quimións: Elaboración de bolsas “quimións” para o Hospital Materno Infantil.
  • Campaña de Recollida de Alimentos: 711,810 kg de produtos alimenticios, destinados ó Banco de Alimentos da nosa cidade).
  • Mercadillo Solidario: 1.137 euros destinados á Casa Fogar de María Inmaculada (Bañobre).
  • Lotería de Nadal: 1.233,00 euros, destinados ás misións calasancias da India e África (Derang, Futrú e Akurenam).
  • Cesta de produtos de Entroido: 474,00 euros, destinados tamén para as misións calasancias.
  • Bocata Solidario (Campaña contra a Fame): 3.136,00 euros, destinados ó comedor da nosa misión calasancia en Derang (India). O alumnadodiploma save de 4º ESO deu para este mesmo fin os 60,10 euros conseguidos a tarde de Reis no colexio.
  • Marcapáxinas Solidario: 1.199,40 euros, destinados á Fundación Save the Children, que traballa contra a desnutrición infantil en lugares como Burkina Faso e Países do Sahel.
  • Bar Solidario ANPA (Festa de fin de curso): 965,50 euros, destinados ós damnificados polos terremotos de Ecuador.

Moitas gracias a todas as persoas que colaborástedes desinteresadamente en calquera das campañas que levamos a cabo neste curso escolar 2015-2016.

save the children