Secundaria

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

Esta etapa, 12 a 16 anos,  ten por finalidade lograr que os alumnos e as alumnas adquiran os elementos básicos da cultura, nos seus aspectos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico; desenvolver e consolidar neles/as hábitos de estudo e de traballo; preparalos/as para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos/as para o exercicio dos seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns e persoas con valores.

3º DE SECUNDARIA CURSO 2022-2023

Optativa

  • Elexir unha
  • 2º Lingua estranxeira: Francés
  • Cultura clásica.
  • Educación dixital.
  • Oratoria.

4º DE SECUNDARIA CURSO 2022-2023

Académico A

  • Orientado ó Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía ou a Ciclos Formativos
  • Matemáticas académicas
  • Física e Química
  • Bioloxía e xeoloxía
  • Economía
  • 2º Lingua  estranxeira-Francés
  • Tecnolox. da inform. e da comunic.

Académico B

  • Orientado ó Bacharelato de Humanidades e CC Sociais ou a C. Formativos
  • Matemáticas académicas
  • Latín
  • Bioloxía e xeoloxía
  • Economía
  • 2º Lingua Estranxeira – Francés
  • Tecnolox. da inform. e da comunic.

Aplicado

  • Orientado a Ciclos Formativos ou ó mundo laboral
  • Matemáticas aplicadas
  • Ciencias aplicadas á actividade prof.
  • Iniaciación á actividade emprendedora
  • 2º Lingua estranxeira-Francés
  • Tecnolox. da inform. e da comunic.

Temos dous obxectivos prioritarios

Educar aos nosos alumnos para afianzar unha base competencial que os converta en alumnos exitosos e persoas resolutivas e autosuficientes.

Para conseguir isto dixitalizamos o noso noso espazo educativo, dotando a todas as aulas con lousas dixitais, computadores de aula, sala de informática, participación co alumnado de 1º e 2º no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) integrando polo tanto as TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
A metodoloxía didáctica será principalmente activa e participativa, favorecendo o traballo individual e implementando gradualmente a aprendizaxe cooperativa, o ABP…

Somos un centro que emprega  metodoloxías innovadoras pero de xeito gradual.

Como centro plurilingüe, realizamos unha clara aposta pola aprendizaxe de linguas estranxeiras (inglés e francés) dentro do Centro e fóra del, con programas de inmersión lingüística ( en 1º e 3º de ESO ao Reino Unido e en 2º de ESO a Francia).

Como complemento á súa formación académica, ofertamos unha ampla variedade de actividades deportivas e artísticas, despois do horario escolar e impartidas no mesmo centro.

Formar a persoas autónomas, competentes, saudables, solidarias e comprometidas. Para coseguilo contamos co compromiso dos titores e mestres asesorados polo Departamento de Orientación, que aseguran a adaptación dos nosos alumnos a esta nova etapa e á toma de decisións tanto no aspecto persoal como no educativo .

Un rasgo distintivo do carisma calasancio é a vocación dos nosos docentes polo coidado do alumno na súa faceta persoal, nas relacións humanas, no acompañamento… sen deixar de lado a súa formación académica e continua.
A inclusión social no medio educativo, favorecendo contextos saudables e de respecto ás liberdades individuais forma parte da identidade do centro.