Entramos nunha semana de pouca actividade fóra do colexio, xa que toca facer avaliación de todo ou parte do que se foi traballando ó longo deste primeiro trimestre. As actividades complementarias e estraescolares concéntranse nos últimos días da semana, sendo as seguintes:

  • Xoves 16: Formación para as familias das nenas e nenos que se preparan para a 1ª Comuñón ano 1 (16.30 ou 19.30 h).
  • Venres 17: Festival de Panxoliñas organizado por Escolas Católicas de Galicia, no que participa o coro de Primaria (colexio La Salle, Santiago de Compostela, 17.00 h).
  • Sábado e domingo: Convivencia vocacional para alumnos de 4º ESO, BAC e exalumnos (Getafe).

O calendario de exames para o alumnado de 1º BAC é o seguinte:

1a-av-1o-bac_001Lembrámosvos a solidariedade con xoguetes, alimentos e lotería de Nadal.

Feliz semana para todos!

bien-comun-401x400«El principio del bien común se convierte en una llamada a la solidaridad y en una opción preferencial por los más pobres […] Basta mirar la realidad para entender que esta opción hoy es una exigencia ética fundamental para la realización efectiva del bien común», Papa Francisco en Laudato Sí’ 158.