Derradeira semana do 1º trimestre. A partir do 22 e ata o 8 de xaneiro de 2017 cargamos pilas para o 2º trimestre. Retomaremos o curso o día 9 de xaneiro, no horario habitual.

En canto ás actividades previstas para esta curta semana, desenvolveranse no propio colexio:

  • Martes 20: Charla “Te puede pasar” para o alumnado de 4º ESO a cargo da Asociación AESLEME. Este día entrégase o boletín de notas correspondentes á 1ª avaliación. Ó día seguinte os alumnos deberán entregar ós titores e titoras o resgardo asinado polos pais/nais.
  • Mércores 21: Celebracións de Nadal, entrega de alimentos por parte dos alumnos de ESO e BAC a BALRIAL (en Meicende), tarde de Reis e Mercadillo Solidario (de 15.30 a 17.30 h). Este día o alumnado de ESO-BAC sae ás 13.15 h; pola tarde non haberá as actividades extraescolares das 17.30 h.

Lembrámosvos que xa estamos rematando co Mes Solidario. Aínda tedes oportunidade de colaborar nas tres campañas propias deste mes: OPERACIÓN QUILO (alimentos para familias necesitadas do entorno a través do Banco de Alimentos), LOTERÍA DE NADAL DO COLEXIO (mobiliario escolar para a aula de 1º de Infantil de Derang, India) e MERCADILLO SOLIDARIO (Asociación Proxecto Quimións Coruña).

Que teñamos todos unha feliz e solidaria semana!

img_2517«Cuando somos capaces de superar el individualismo, realmente se puede desarrollar un estilo de vida alternativo y se vuelve posible un cambio importante en la sociedad», Laudato Sí’ 208.