Entramos nunha semana de pouca actividade fóra do colexio:
- Luns 23: Alumnado de 1º ESO visita o Parque de Santa Margarita, como remate do obradoiro relacionado co programa de Educación Ambiental. “O aire que nos rodea”.
- Mércores 25: 3ª e última sesión do obradoiro de Habilidades Sociais para 1º ESO; 2º BAC-B visita a Axencia Tributaria. Último día para anotarse ó Bocata Solidario desde 3º Primaria.
- Xoves 26: 3ª sesión do obradoiro de Habilidades Sociais para alumnado de 3º ESO.
As familias que desexedes ter unha copia das das actividades realizadas polos vosos fillos nos cursos 14-15 e 15-16, podedes solicitala a través dos titores, deixando un pendrive de 16 Gb (identificar a memoria co nome e curso do fillo/a).
Recordámosvos que o pasado venres repartiuse a circular do Bocata Solidario a todas as alumnas e alumnos desde 3º EP. En caso de non ter unha copia da circular, podedes descargala aquí: 2017.01.20 Inscrición_bocata. Animámosvos tamén ás nais, pais, avós, avoas… a participar nesta campaña solidaria cos máis desfavorecidos. Celebrarémola o día 30 deste mes xunto co Día da Paz e Non Violencia.
Feliz semana para todos!