Derradeira semana de novembro. Seguimos envoltos no espírito da celebración de Calasanz, realización de exames, visitas… e iniciamos un novo tempo litúrxico: Advento. Desde o día 1 de decembro podemos empezar a aportar os quilos de solidariedade para unha campaña máis da Operación Quilo.

As actividades previstas para esta semana son:

  • Luns 28: Visita ó Planetario para o alumnado de 1º ESO-B; eleccións dos representantes de profesorado (11.00 a 12.15 h) e familias (16.00 a 17.00 h) para o Consello Escolar.
  • Martes 29: Rematan os exames os alumnos de 2º BAC; pola tarde, proclamación dos candidatos elixidos nas eleccións do día anterior.
  • Mércores 30: Xunta de avaliación do 1º trimestre de 2º BAC.
  • Xoves 1: Entrega do boletín de notas ó alumnado de 2º BAC; charla sobre doazón de órganos para o alumnado de 3º ESO; ás 15.45 h, constitución do novo Consello Escolar.
  • Venres 2: Visita a un telepizza para 4º EP-A e casting Festival Intercentros no colexio ás 15.30 h.

Feliz semana para todos!

«La fe nos hace prójimos, nos hace prójimos a la vida de los demás. Nos aproxima a la vida de los demás. La fe despierta nuestro compromiso, la fe despierta nuestra solidaridad», papa Francisco.

opquilo16