Iniciamos unha semana moi interesante, na que prima a formación continua do profesorado en varios aspectos pedagóxicos e de xestión académica (plataforma educativa, calidade, linguaxe administrativa, pastoral). Todo isto para seguir dando as respostas adecuadas ó noso alumnado. As actividades que temos previstas para pequenos e grandes son as seguintes:

  • Luns 6: Unha pequena sorpresa para o alumnado de 6º EP.
  • Martes 7: Obradoiro de educación ambiental para 2º ESO-A e visita á AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía).
  • Mércores 8: Mesmo obradoiro e mesma visita para 2º ESO-B.
  • Xoves 9: Formación para nais e pais dos nenos de 1º Comuñón 1º ano (16.30 e 19.30 h).
  • Domingo 12: Misa familiar na parroquia de Ntra. Sra. de Los Rosales preparada polo alumnado de catequeses de Confirmación (11.30 h).

Feliz semana para todos!

«El aunténtico cuidado de nuestra propia vida y de nuestras relaciones con la naturaleza es inseparable de la fraternidad, la justicia y la fidelidad a los demás», LS 70 (Papa Francisco).